A escola de infantil da miña vila é un edificio pequeno, e ainda hoxe conserva o debuxo que a miña clase pintou na parede de fóra, xa vai uns cantos anos. Onte, cando fun levar o meu sobriño, púxenme a pensar en todos os recordos que alí teño, máis que nada, para ter algo que escribir, porque cando me puxen o luns non me lembraba de case nada, pero con só estar alí 5minutos viñéronme montóns de imaxes, de xogo
s, de risas...Cheguei por primeira vez a escola con só 2aniños, a profesora mandounos pasar a unha aula moi grande e luminosa donde fixemos unha festa de benvida; primeiro cos nosos pais (que sen saber como, iban desaparecendo) e despois cos nosos profes Julia e Julio; que nos pintaron a cara de cores, leronnos contos, e cantamos moitas cancións. Sentinme ben porque estaba cos meus compañeiros, xa nos coñecíamos da gardería e a maioría eramos e somos veciños. Ese día a saida todos estabamos contentos, pero non sempre foi así.
Teño moitos e moi bos recordos da miña mestra Julia, era unha muller peculiar, sempre pendente de nos, e a única capaz de facer calar a Mateo, que se pasaba as clases berrando ou chorando por nada, lembro que cando algún comezaba a chorar sacaba un flotador do armario e todos nos reíamos, sempre tiña algo que contarnos e sabía perfectamente chamar a nosa atención. Sen dúbida unha mestra inolvidable.
Ana Belén Troncoso Presa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario