
O primeiro día que fun a clase tiña 3 anos. Lembro moi ben que non tiña moita gana de ir pero tiven que ir igual. Meus pais acompañáronme ata o colexio, un colexio de cor amarronzada, con moitas ventás, outro edificio enfrente no que estaba o ximnasio e tamén máis aulas; un patio cuberto; una zona de area cuberta e outra sen cubrir para os máis pequenos; una pista de fútbol cuberta e outra sen cubrir; o comedor e por último una zona que non ten nada só pedriñas donde os rapaces xogaban o que fora.
Eu dirixinme cara as aulas de infantil donde agardaban moitos máis nenos. O pouco fomos cada un para a sua aula. Recordo que ó fondo había una pizarra e xusto diante dela a mesa da profesora que tiña diante máis mesas pequeñas para os nenos, no medio había una moqueta de cor vermello, a un lado estaban as ventás e ó outro un feixe de material didáctico de todo tipo; por último, no fondo da aula, había una especie de armario con moitos caixóns.
A miña profesora, Pilita, presentouse e falou cos pais e foi enton cando chegou o peor momento do día, os pais tiñan que marchar. Empecei a chorar, ainda que non seria a única, pero non m valeu de nada. Ó pasar o tempo todos se foron calmando menos eu, sentiame soa e desamparada, a profesora trataba de consolarme pero deuse por vencida e para que non molestara o resto da clase sentoume o lado da porta.
O resto dos rapaces xogaron a un xogo que non recordo con claridade pero recordo que era algo de ir decindo os nomes e logo repartiu plastilina; eu seguía na esquina chorando, sen participar en nada e asi seguiría ata chegar a primaria polo que o meu recordó da profesora non é moi bo no plano sentimental. O único que podo describir dela e o seu físico: morena de pelo negro, baixa, delgada...
Polo que respecta os compañeiros non me lembro deles xa que no recreo e a hora de comer estaba con meu primo, oito anos maior ca min, que era o único que facia que pasara un bo anaco sen chorar.
En resumo, a miña estancia en infantil foi un trago moi duro que se pasaría ó chegar a primaria cá miña nova profesora Isabel que cambiaria todo o sucedido en infantil para chegar a una primaria moito máis feliz e chea de bos recordos. Neste colexio pasaría desde este día ata 6º de primaria e agora vou voltar facer as prácticas.
Natalia Pérez Conde
No hay comentarios:
Publicar un comentario