

Este es un espacio para compartir nuestras experiencias durante las prácticas escolares.


Ola a todos!!!
Tamén me fun de excursión; con 67 nenos e nenas de tres e catro anos, sen duda un día inolvidable, fomos a Indiana bill, un parque de bolas (como decimos aquí), con colchonetas, tobogáns... e paseime toda a maña de adiante para atrás, e os nenos.... unha marabilla, polo menos facíanme caso a primeira! só eramos catro pa 67 alumnos asique... un día agotador.

Hola a todos!
Hoxe tócame a min comentar o meu día de clase. Creo que xa dixen nalgunha ocasión que estou na clase de 2º B. Son 27 nenos/as (antes eran 28 pero marcharon un neno e unha nena). É unha clase bastante ampla e é bastante difícil conseguir a atención de todos pero nada é imposible.
Non hai ningún neno que teña problemas especiais, só un rapaz de orixe marroquí que ten un nivel de 1º , polo que necesita algunha clase de apoio dous días á semana.
Entre os demais nenos hai un pouco de todo..faladores, inquietos, distraídos, vagos..etc, como me imaxino que haberá en moitas clases. A pesar de todo, son un encanto de rapaces, son moi cariñosos e estou moi contenta con eles!
Dende o primeiro día fixen as mesmas tarefas que o mestre titor, excepto as explicacións que fai el pero que tamén farei eu algunha un día destos..
Respecto o día de hoxe, foi bastante tranquilo, as clases básanse primordialmente na realización de exercicios, que a veces os fan de maneira individual e outras veces todos xuntos. Hoxe tamén fixemos un dictado en lingua castelá, que o fixen eu, e é unha actividade tamén bastante habitual cando sobran 5 minutos ó final da clase.
Polas tardes, os nenos sempre están algo máis alterados, entonces o mestre máis eu intentamos facer as clases da tarde máis amenas, sobre todo cando teñen dúas asignaturas seguidas como lingua e coñecemento, ou lingua e matemáticas.
Entón todos os Mércores, como lles toca lingua e coñecemento pola tarde, pois engadiron aí o día da biblioteca. Trata de que nos últimos 25 minutos de clase, os nenos van á biblioteca e alí entregan o libro que colleran o Mércores anterior e collen outro novo, ou se queren poden coller o mesmo pero teñen que levalo para ser anotados no rexistro novamente.
Ademáis de iso, hoxe tamén aproveitamos para facer o primeiro ensaio sobre o festival de Nadal. Os nenos cantarán un villancico en inglés (We wish you a merry christmas), pero só o estribillo do mesmo, porque xa se lles fai algo complicado por ser en inglés como para poñerlle un trozo máis longo! A verdade que para ser o primeiro ensaio estivo bastantes ben ,pero seguiremos ensaiando porque tamén teremos que preparar a posta en escea e o vestiario.
Por outra parte, hoxe era a avaliación dos nenos da “miña” clase, á que nun principio o mestre me dixo que podía asistir, pero logo cando chegou o momento parece ser que houbo algún mal entendido e non puiden ir por motivos de confidencialidade, e porque na avaliación tamén se falan temas como os problemas persoais de cada familia. Polo tanto non asistín a pesar de que me gustaría.
Bueno e nada máis por hoxe!
Deixovos aquí unhas fotos do colexio.
Un saúdo e a disfrutar que xa queda pouco…!
Miriam Ruso Valiña
Estos días en el colegio han sido increíbles, pues hemos estado haciendo las postales de Navidad, montando el Belén creando nuestras propias figuritas... Ha sido muy divertido y agotador al mismo tiempo, pues el comportamiento en esta clase sigue siendo igual de malo. Algunos (los que más problemas tienen) han mejorado bastante, pues ya se defienden en la lectoescritura, aunque siguen sin alcanzar el nivel de sus compañeros, lo que sigue dificultando el ritmo de la clase. No hemos podido preparar ninguna actuación ni representación de ninguna obra para las fiestas de Navidad, ya que con estos alumnos y alumnas resulta prácticamente imposible. Lo que es una pena, pues hubiera sido muy bonito poder hacer algo con los/as niños/as.