Hola a todos!!! A min pasoume o mesmo que a Inés. O venres, a miña titora Gloria, faltou o por un imprevisto e quedei soa ante o perigo, je je. Non me deixou ningún traballo preparado pero como sei ben a rutina das clases e o que estamos traballando, non tiven maiores problemas. Á primeira hora mandáronme unha profe a sustituír, pero despois como hai moitas baixas no cole xa me quedei soa. Ó volver de educación física, os nenos estaban un pouco alterados, porque xogaran ó pañuelo e estaban enfadados uns cos outros, falamos o problema e fixeron as paces e xa todo volveu á normalidade. A verdade é que foi o mellor día de prácticas. Ah, os nenos da miña clase teñen un club de adiviñas que fixeron eles mesmos, podédeslle botar un ollo nos blogs.
Disfrutade ó máximo estes días que nos quedan que xa estamos na recta final !!!!
http://heroinasdesalvora.blogspot.com/
http://naufragosdagaiola.blogspot.com/
http://sereassencadeas.blogspot.com/
Estefanía Domínguez González
No hay comentarios:
Publicar un comentario