Ola a todos!!!É alucinante o rápido que pasa o tempo... ainda empezamos onte,e xa só qeda unha semana, e como dixen sempre ¡¡¡eu non me quero ir!!! este tempo no colexio, foi increible, e como puxen no título, cada día hai unha aventura diferente, creo que nunca madruguei con tantas ganas jaja.
Pódese decir que fixen un pouco de todo, din clase eu soa, varias veces, en cuarto sobretodo, pero tamén en sexto e en segundo (nas miñas horas libres), nas clases máis problemáticas!como no!.
E... como vou botar de menos os meus alumnos de cuarto! e eso que son.... creo que me colleron demasiada confianza, pero se algo me quedou claro, é que eu non quero ser como a sua mestra, e iso non quere decir que sea mala, ou que non lles faga caso, pero estalle berrando a todo momento, e as suas clases son bastante previsibles, xa que sacando algunha excepción, sempre leemos algo do libro e depois exercicios, e moitas veces entendo que os nenos/as se cansen de estar toda a mañá facendo o mesmo; de todas maneiras todo é relativo, porque é unha clase moi difícil de controlar, e os cambios... non os levan moi ben, ainda así, sempre intentei que as miñas clases fosen algo diferentes, e a pesar de que as veces desespero, vou sobrevivindo jaja .
Tamén me fun de excursión; con 67 nenos e nenas de tres e catro anos, sen duda un día inolvidable, fomos a Indiana bill, un parque de bolas (como decimos aquí), con colchonetas, tobogáns... e paseime toda a maña de adiante para atrás, e os nenos.... unha marabilla, polo menos facíanme caso a primeira! só eramos catro pa 67 alumnos asique... un día agotador.Por último decir que nós tamén andamos as voltas co decorado da clase, coas actuacións do festival de nadal, e con algún que outro concurso, como o das postais, que me pareceu ver que alguén o comentaba. O que me fixo moita gracia foi o do amigo invisible, porque eu lembro, que cando o facíamos no colexio, non durábamos nin 10min sen saber quen lle tocara a quen, e na miña clase, os nenos escríbense notas secretas dando pistas de quen son, pero nadie sabe nada.
Pois nada máis por hoxe, ¡¡que o pasedes moi ben!!
ata logo


Ana Belén Troncoso Presa
No hay comentarios:
Publicar un comentario