jueves, 11 de diciembre de 2008

Cada día é mellor co anterior







Pos hoxe e o día que me toca comentar a min e como xa vos dixen estou contetisima no colexio tanto co profesorado como coa miña clase de 6ºA , creo que por se min fora non volvera a clase nunca, estou tan ben no colexio!!



Os nenos traballan moito de i hoxe houbo a evaluación do terceiro ciclo de primaria e Loli, a miña profesora de prácticas comentoume que a lase na que estou eu foi a que obtivo os mellores resultados e non me estraña nada porque sempre estan dispostos a traballar e todos queren que le pregunten a eles.



Algo que me gustaria contar e que a semana pasada tiven que dar eu un tema de lingua castelá guiada en parte por Loli e foime bastante ben, estiveron calados, cousa pouco frecuente neles pero posible. Por outra parte cada día que pasa a miña tutora deixame so máis tempo na clase e sen ir máis lonxe hoxe estiven case todo o día e soa con eles e agora a última hora eu a profesora de música para que foran ensaiar para o festival de nadal e non querian, querian queda conmigo acabando de decorar a aula que por fin terminamos e pa mostra unhas fotos.



Outro dos temas que quero tocar e que hai compañeiros, polo que lin no blog, que teñen na aula nenos con problemas, eu na miña teño un neno que non é que teña problema ningun pero e moito máis lento que os demais e hai cousas que lle costan moito como entender o que le, escribir con claridade,... polo que ten que ir a clase de reforzo con Marián a profesora de audición e linguaxe. Na miñ clase non hai ningun outro neno con problemas ainda que no resto do colexio si que hai algun que outro porque hai nenos que como o da miña clase teñen que ir a audición e linguaxe e outros con outros problemas teñen que ir a pedagoxía terapeutica da que nunca oira falar, pero o peor é un neno que ten que ter coidadora e que non sabe falar nin nada e tera sobre dez anos máis ou menos.



Igual que os meus compañeiros non teño gana de volver as clase porque no colexio estu de marabilla, de feito os nenos traenme agasallos, pintanme debuxos... Hoxe Loli fixo o sorteo do amigo nvisible, é decir, sorteamos a cada un dos nenos para regalarlle un detalle a un compañeiro cn valor inferior os dous euros e pa miña sorpresa Loli e eu taménparticipamos, non sei que regalarlle a miña rapaza levo toda a mañá pensando pero ata luns ainda teño tempo. Hoxe puxemos a arbore de nadal e os regalos o luns poñeranse debaixo da árbore e o venres que é o último día recolleranse.



Oxala esta semana e un día que queda sexa eterna porque non teño ganiña ningunha de marchar do colexio e menos de xunto os nenos.



Espero que todos esteades a disfrutar tanto coma min.
Natalia Pérez Conde




No hay comentarios: