

Non me acordo demasiado do 1º día no colexio, xa que era moi pequeniña, só tiña cinco anos. O que sí me quedou gravada foi a sensación de ir en autobús por primeira vez á escola porque quedaba nas aforas da vila, estábamos moi nerviosos, sobre todo polo feito de pasar á escola de “grandes”. Recordo que a profesora que nos tocou, que se chamaba Ana, era a máis cariñosa e boa que había en todo o colexio, tratábanos moi ben. A única actividade que me acordo que fixemos aquel día foi presentarnos, tivemos que dicir o noso nome e algún hobby co fin de coñecernos mellor.
Como vivía nunha vila, xa coñecía a case todos os nenos da miña clase. Ademais, seguimos todos xuntos ó longo de toda a primaria e secundaria, por iso nos fixemos moi bos amigos. Había un rapaz que recordo en especial, xa que en primaria era moi nervioso e falaba moito na clase, sen embargo, levábase moi ben cos profesores porque sempre nos contaba bromas e nos facía rir.
Raquel Fernández Formoso
rakelmuros@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario