miércoles, 12 de noviembre de 2008

O PRIMEIRO DÍA NA ESCOLA


O comezo da escola é algo inesquecible, un gran cambio, unha nova experiencia, o primeiro paso dunha gran aventura. É na escola onde facemos os primeiros amigos, onde comezamos a pensar sobre os nosos actos, onde a través das experiencias construímos novos coñecementos, é o momento no cal os nenos nos sentimos maiores por o simple feito de comezar a escola.


Chámome Sandra teño 18 anos polo que ese primeiro día de escola queda moi lonxe, pero aínda así recordo algunhas imaxes.


Comecei a escola con tres anos, o primeiro día miña nai acompañoume ata aula. A primeira imaxe que me ven a memoria cando penso nese día é a de todos os compañeiros sentados formando un círculo no chan, todos xogaban, pintaban ou falaban entre eles, os nosos pais estaban ó noso redor mirando como xogábamos ata aquí todo ía ben, pero no momento en que os pais abandonaron á aula comezaron os choros e perrenchas deunha parte do alumando entre o cal me encontraba eu, a pesares disto non teño un desagradable recordo do primeiro día, xa que despois dese pequeno desgusto comezaron os xogos e actividades co profesor.


A miña profesora chamábase Pilar, todos a chamábamos dona Pili recordo que sempre levaba moitas xoias e as uñas pintadas de vermello. Ese primeiro día de clase Pili tívome no seu regazo mentres me contaba un conto para que me tranquilizase. Os xogos e debuxos foron as actividades principais dese primeiro día, xa que era o que máis nos gustaba. A actividade elixida por a maioría dos alumnos foi o debuxo para o cal empregamos diferentes materiais.Recordo que eu utilicei a pintura de dedos, algúns nenos facían os debuxos en grupos mentres falaban, pero eu estaba soa. Ese primeiro día de clase non foi un bo comezo, sen dúbida os seguintes días foron mellores, xa que ese día sentinme bastante soa e triste.


O que máis me gustaba da aula era unha casiña de cartón feita por alumnos de anos anteriores, que estaba situada ó fondo onde había tamén un armario no que estaban gardados os xoguetes, as paredes estaban moi decoradas, había debuxos, cadros e un póster co abecedario.

O mellor deses primeiros días de escola sen dúbida os compañeiros, os primeiros xogos, aventuras e conversacións con eles. Gardo especial recordo dalgúns dos compañeiros cos que a partires dese día fixen unha boa amizade, que se foi facendo máis forte ó longo das seguintes etapas na escola e que conservo ata día de hoxe.


Ese colexio no que pasei dende os tres anos ata os dezaseis, no que tantos momentos importantes vivín ,no que fixen uns bos amigos, é o que escollín para as prácticas escolares.


Sandra Carpintero Souto.

No hay comentarios: