jueves, 26 de noviembre de 2009

¡Hola chicos!

Eu estou facendo as prácticas no colexio “CEIP Bispo Guerra Campos” en Bertamiráns con alumnos de sexto de primaria, e estou moi contenta cos alumnos e cos profesores e no colexio en xeral. Tratanme moi ben todos.

Nun principio pensei que me iba costar estar con eles, xa que son os máis grandes do colexio pero a verdade e que estou encantada, xa que eles se abriron moi rápido a min, e xa me tratan como a súa profesora nova.

Na clase hay 19 nenos, e en xeral estou con eles en tódalas clases comúns de primaria (coñecemento do medio, matemáticas, lingua galega, lingua castelá, educación para a cidadanía e plástica), pero tamén fun a algunha que outra clase das especialidades (educación física, música e inglés).

O meu tutor é o profesor de primaria desta clase e a pesar de que estou con eles casi sempre, algunha vez que outra vou a clase de inglés(con unha das profesoras que imparten a asignatura alí), doutros cursos xa que a miña especialidade é esa, pero estou aproveitando un pouco para ver como son tódalas asignaturas e como se imparten, as actividades que realizan e o desenvolvemento da asignatura en xeral.

Co meu tutor falo moito de tódolos alumnos en xeral, xa que me gusta saber sobre eles, e informarme das dificultades que ten cada un e intentar axudalos.

Xa impartin algunha que outra clase, e encantame, xa que están moi atentos e fanme caso ao que lles digo e lles mando.

Hoxe tivemos clase de inglés a primeira hora e estiveron aprendendo costumes británicas, logo tiveron exame de lingua galega, o cal durou duas sesións, cada unha de 50 minutos, e a continuación como tódolos días antes de saír ao recreo, naquel colexio dedican 20 minutos á lectura, os nenos collen algún libro de lectura dos que teñen na clase, e len, algunhos dias individualmente e outros días lemos todos en conxunto e en voz alta, facendo algún que outro comentario sobre a lectura.

Despois saímos ao recreo, e á volta tivemos as clases de coñecemento do medio, e o tema que se está impartindo trata sobre a saúde, hoxe en concreto sobre as solucións para evitar as enfermidades (vacinas, medicamentos, etc…), e por último tivemos lingua castelá, e impartin eu a clase, leímos un texto, fixemos aclaracións sobre palabras de vocabulario, e a continuación uns exercicios relacionados coa lectura.

E ao fin chegou a hora esperada de volver á casa!

Resumindo, estou moi contenta no meu colexio, e non puiden facer unha elección mellor. Non tiña nin idea de cómo iba ser, pero realmente pensei que non me iba gustar tanto, pero en realidade é unha das mellores experiencias que estou vivindo e estou moi emocionada disfrutando deste mes ao máximo, recordando incluso os tempos nos que eu estaba en primaria o cal fai que me guste aínda máis, e dese xeito tamén comparo como cambiou todo desde aqueles tempos ata agora.

Bueno chicos moita sorte a todos e a disfrutalo!

Un saúdo!

Patricia Pernas Ben

No hay comentarios: