Alégrome de que todos estedes tan contentos facendo practícas, eu también, creo que é unha oportunidade única aproximarnos ao que sera nosa vida laboral nuns anos.
Eu e os nenos da miña clase cada vez entendémonos mellor,e a verdade que é moi gratificante,como xa vos comentei son de 5 de primaria CEIP PIO XII ,eles afixéronse a que eu rompa un pouco a dinamica das clases,tentando que sexan mais activas,hoxe por exemplo pedinlle permiso á miña titora para ir ao laboratorio a coller unhas rocas e minerais,xa que é o que estamos a ver en coñecemento,despois fun á biblioteca a por uns libros sobre o tema para que eles poidan consultar también e saber o nome dalgunhas das rocas que traen da casa,o malo é que hoxe non tivemos tempo suficiente para dar toda a hora de coñecemento,por iso non vimos as rocas,o que espero que fagamos mañá,isto é algo que non me gusta,é coma se houbese materias de primeira e de segunda,non se si a vós pásavos o mesmo,pero a miña titora en ocasións alarga certas clases e para outras quita tempo,pero dunha forma considerable.
A pesar de que creo que é unha boa profesional,adora aos alumnos e esfórzase ao maximo e é moi esixente con eles,cousa que a longo prazo llo agradeceran,dende o meu punto de vista e ideais,trátase dun sistema de educación moi clásico,onde prima a pasividade do alumno e a importancia do libro de texto.
Ana Belén Caulonga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario