domingo, 22 de noviembre de 2009

22/11/09

Esta foi unha semana cargada de novidades e bos momentos cos pequenos/as. Decatámonos de que nunha aula de vinte e cinco nenos/as a parte teórica pode ser unha axuda pero o que realmente te fai ser un bo mestre/a é a experiencia e o traballo diario con eles, porque non sei vos, pero para min cada neno é un mundo.
A miña aula Tamara, é moi semellante á túa porque tamén estou cos de segundo de primaria, con 24 bichiños encantadores. A mestra tenme dito que a clase é tan activa porque son rapaces moi intelixentes e que tamén inflúe o feito de que haxa máis nenos ca nenas, algo inusual polo que ela conta.
E coincidimos tamén no feito de ser examinados, só que o seu exame será da área de coñecemento do medio e será o vindeiro martes. Xa vos contarei como son as reaccións ante o seu primeiro exame!
De momento estan desexando que chegue, non sei se as cousas cambiaran cando chegue a hora da verdade.
Nada máis, desexarvos a todos un moi bo comezo de semana.
un saúdo

No hay comentarios: