martes, 24 de noviembre de 2009

24 Novembro 2009

Bo dia a todas e todos.O primeiro de todo disculparme por non poder comentar con asiduidade neste blog debido a problemas co horario de traballo e tamén non dispor de internet no meu fogar.Estou a facer as prácticas escolares no CEIP PIO XII, concretamente no terceiro ciclo, no curso 5ºA. Estou encantadísimo coa miña titora xa que, o primeiro q me dixo nada máis entrar na clase foi, que era coma o 007, tiña licenza para facer o que me dese a gaña. É importante contar con alguén así que xe deixe tanta marxe de manobra, sempre e cando se saiba respetar onde está o limite de dita manobra.Despidome xa, non sen antes mandarvos un saudo a todos e desexarvos que disfrutedes tanto cos raparigos como o fago eu.Unha aperta.

No hay comentarios: