Venres último día da semana, último día para desfrutar dos meus pequenos/as. Supoño que será o normal e que lle pasará a meirande parte dos estudantes en prácticas, pero cada día que pasa notas que lle queres máis a eses bichiños que pasan o tempo berrando.
Estou dacordo con Ana Belén en que o libro de texto cobra unha gran importancia nas aulas e que a veces a clase consiste en facer unha serie de exercicios que alí aparecen, pero está claro que todo depende do mestre/a.
A miña só se axuda do libro para coller as actividades, logo ela ponlle outras a maiores, ou fai xogos co temario... supoño que tamén influirá o feito de que estes ananos sexan de 2º de primaria e os teus de 5º.
non sei pero eu case podo entender que para os mestres/as que levan máis de vinte anos traballando con unha metodoloxía pedagóxica lle sexa dificil mudala por unha nova máis efectiva.
pero para iso estamos formándonos nós! non??? para chegar con novas ideas e proxectos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario