viernes, 27 de noviembre de 2009

27/11/09


Hola a todos! Eu estou facendo as prácticas no C.E.I.P. de Portosín, na clase de 4º curso, onde hai 21 rapaces e rapazas. Dende o primeiro momento me acolleron moi ben, tanto eles como a miña titora. As primeiras semanas a miña función, como xa teño dito, centrouse na observación, pero pouco a pouco o meu traballo dentro da clase está aumentando: corríxolles os exercicios aos alumnos, soluciónolles dúbidas, explícolles, etc. Ademais a titora tamén conta conmigo á hora de tomar decisóns, consúltame por exemplo si un alumno debe de levar ou non un positivo, si debe de repetir un exercicio, etc. o que me fai sentirme máis útil dentro da dinámica da aula.
O día de hoxe foi moi tranquilo, a primeira e segunda hora tivemos lingua castelá, primeiro con un grupo e logo co outro porque nas asignaturas de matemáticas (sempre) e lingua castelá (os venres) divídese aos alumnos en dous grupos para que sexa máis doado explicarlles e tamén para que eles presten maior atención, xa que son uns rapaces moi faladores. Como deberes tiñan que aprenderse un poema e a profesora mandoulles recitalo, poñendo positivos ou negativos segundo o souberan ou non, a continuación, eu fíxenlles un ditado e logo correxinllelo individualmente. Despois do recreo os alumnos tiveron exame de matemáticas e a miña labor consistiu en solucionar as preguntas que me facían. Pola tarde non tiven clase cos alumnos xa que estes tiñan música e relixión e a miña titora non lles dá esas asignaturas; aproveitei para falar con ela e decidimos que a partir de luns comezarei a dar alguna clase eu soa, luns empezarei con coñecemento do medio, martes con matemáticas, mércores con lingua galega, xoves con lingua castelá.. Xa vos contarei que tal a experiencia!!




Cristina Piñeiro Martínez (27/11/09)

No hay comentarios: