martes, 24 de noviembre de 2009
24 de Novembro 2009
Bos dís a todas e todos outra vez.Volto a escribir outra vez, xa que non o fago moi a miúdo,e aproveito que os alumnos de 5º A están agora mesmo na clase de inglés,para contárvos algo así moi resumidiño, deixar constancia primeiro que prefiro mil veces quedar so nunha clase de 27 nenos, que baixar facer fotocopias eu so, xa que avariei dúas das 3 fotocopiadoras que hai no centro. Bromas aparte, contarvos as miñas primeiras impresións logo dunha semana no CEIP PIO XII: Que a laboura que imos desenrrolar nun futuro non moi lonxano, será unha laboura moi complexa pero ó mesmo tempo chea de satisfacións, porque ben dito está iso de que nós aprenderemoslle ós raparigos pero tamén aprenderemos moito deles. Comentarvos unha pequena anécdota. Na clase de 5ºA temos unha nena cun lixeiro grao de dislexia, e fai un intre estivemos a ver unha pelicula India sobre un neno que tiña o mesmo problema pero cun maior grao. E bonito observar como os seus compañeiros despois de ver o filme, se decatan dos problemas que pode ter esta nena e axúdana en todo o posible, pera ler un texto, para escribir unha palabra... Bonito ollar como sen falar con ela nada que teña que ver co devandito problema, lle botan unha man sen recibir nada a cambio, que para que faga iso un neno, é algo importante. Xa vos deixo non sen antes despsdirme de todos,e con especial énfase dos meus compañeiros de clase. Adeus.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario