Prometín que vos contaría como foi ese primeiro exame dos meus pequeniños!
Dende que chegamos á aula, os rapaces non pararon de preguntar cando se faría o exame. A mestra repartiulle os folios e foi entón cando me decatei de que son nenos/as, que non teñen malicia e que aínda lles queda moito que aprender.
Estiveron moito tempo co exame nas súas mans e co libro aberto pero a ningún se lle acordou mirar algunha resposta. Logo, moitos remataron antes de tempo e poñianse a falar cos compañeiros de xogos, series ou deportes pero non dos músculos, ósos ou articulacións.
Ó rematar cada un tivo que correxir o seu propio exercicio e poñer a nota que merecia en cada resposta.
Aínda que algún se disgustou un chisco pola nota que tivo, en xeral a experiencia de ter un exame parece que lles gustou.
algúen máis está con exame estes días???
saudiños
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario