A nosa compañeira Ana Belén xa facía mención á excesiva educación tradicional que está a ver na súa clase. Eu, súmome a esa observación. Podo entender que teñan o libro de texto como guía, pero que o sigan ó pé da letra non o comparto; vese a guia do profesor como a única solución, sendo conscientes de que as respostas veñen mal e que non se aportan actividades moi diferentes ás de sempre.
O libro de galego, por exemplo; na miña clase están co repaso das letras e cada unha delas ven acompañada dun texto con palabras que levan esa letra e logo deben copiar unha frase e poñerlle o nome a determinados obxectos que levan esa letra. Así con tódalas letras do abecedario; como non se van a aburrir?
Hoxe, sen ir maís lonxe, había un debuxo no libro sobre o Nadal, penso que as preguntas que presentaba o libro non estaban mal, mais por que non ir máis alá diso? Por que non aproveitar, por exemplo, esta festividade para escribir a carta dos Reis Magos?
Non sei como serei no meu futuro docente mais sei que non me gustaría caer na monotonía. As prácticas estánme servindo para ver, entre outras cousas, o que non me gustaría facer.
Un saúdo
Ana Leis
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario