miércoles, 2 de diciembre de 2009

02/12/09

Un mércores máis no Pío XII, un mércores máis en 2ºA. Cada día que pasa vas coñecendo máis ós nenos/as, entendes porque fan as cousas mal ou porque as deixan de facer. Comezas a ver que hai algo detrás do simple feito de facer mal un exercicio, ou da falta de concentración.
Cando ves que un rapaz/a chega tarde á clase, con olleiras e está todo o día apoiado enriba da mesa decátaste de que algo pasa na súa casa. Que quizais o problema non sexa unha falta de interese ou traballo por parte do cativo. Quero dicir con isto que é moi importante para un mestre coñecer ben ó neno/a, pero é mais importante se cabe o coñecer á familia e o seu entorno porque iso danos moitas pistas de porque o neno/a é así ou se comporta dese xeito.
Eu ata a pasada semana, vía a todos os pequenos/as dende a mesma perspectiva, pero cando vas sabendo máis cousiñas e te vas fixando nos pequenos detalles as cousas cambian e o nivel de esixencia que lle pides a cada un tamén.
Son 24 nenos/as, cada un coa súa personalidade, co seu carácter, co seu humor…pero detrás hai 24 familias, máis de 24 problemas en cada unha delas…
En canto ó traballo que fixeron os pequenos/as no día de hoxe case o podería resumir a facer un exame de galego, porque a xornada comezou con unha hora de Educación Física, logo como a mestra non os avisara de que farían unha proba da área de lingua e literatura galega, deixoulles a primeira hora para estudar e a seguinte para facelo. Á volta do recreo tocou relixión/alternativa e na última hora nada máis nos dedicamos a escribirlle unha carta a unha antiga compañeira de clase que se cambiou de centro a comezos de curso.
Aproveitade o pouco que nos queda xa. Ánimo a todos/as. Un saudiño.

2 comentarios:

usuario dijo...

Vexo que estamos todos cos exames a voltas. Eu encontro moi gracioso que o alumnado co que estou eu, que son de 4º de primaria, póñense nerviosos para os exames, e non para de repetir as datas desta semana, os controis que teñen cada día... parecen realmente agobiados xa tan pequenos! Non sei ata que punto estará ben dar tanta importancia aos exames...

Cecilia Pérez Riestra

usuario dijo...

home por unha banda si, os exames danlle unha idea ós mestres de como os rapaces están respondendo na materia examinada pero por outro o que realmente é valorado nestas idades é o traballo diario na aula. os meus son nenos/as de 7 anos que se poden esquecer de que había exame, ou poñerse nerviosos e non contestar algo que saben perfectamente.
non sei ata que punto é beneficioso ou non para eles.

Inma Vila