jueves, 3 de diciembre de 2009

3 de Decembro de 2009

Polo que respecta as miñas prácticas están a ser moi fructíferas, dado que teño clases tanto en infantil coma en primaria. Para min é máis doado a primaria, xa que en infantil tes que estar pendente ó 100% da atención dos nenos e de que fan en todo momento, porque se distraen con moita facilidade. Estes últimos días, incluido hoxe, estamos levando ós nenos á aula de informática para traballar con eles na pizarra dixital e nos ordenadores, e queiras que non nótase un cambio moi grande nos nenos, xa que atenden máis porque fáiselles máis ameno o inglés.

A pesar de todo a metodoloxía da profesora non me parece a máis axeitada, sobre todo nos cursos de infantil. Eu defendo que as clases sexan íntegras en inglés, pero tamén hai que ser consciente de que con certos niveis, hai que reducilo un pouco, porque os nenos non entenden nada.

Pero tamén me gustaría dicir que estou a aprender moito neste mes, xa que, por desgracia na facultade danche moita teoría pero cando de verdade aprendes é cando estás no día a día no colexio.

Andrés Boado García.

No hay comentarios: