Simplemente quero escribir unhas palabras sobre dos comentarios das dúas Anas (Ana Belén e Ana Leis). Estou totalmente dacordo con vós nas reflexións que facedes sobre os libros de texto. Deben ser unha guía e unha axuda para o profesor, pero non algo obrigatorio no día a día das aulas.
Considérome afortunada porque o profesor que teño como tutor de prácticas no abusa do libro de texto, máis ben non o usa nunca, os rapaces non teñen libro de texto de inglés e o profesor vai preparando as actividades día a día atentendo á evolución dos nenos e coordinando os contidos coas outras materias. Esto implica, claro está, moito máis traballo para o profesor, que ten que buscar actividades continuamente, pero hai unha motivación maior por parte dos nenos, con actividades adaptadas o seu aprendizaxe. Así que, como futuros docentes, temos que valorar a utilidade do libro de texto pois pode ser moi cómodo facer sempre os exercicios do libro pero ¿é realmente útil para os nenos? ¿como atendemos a diversidade dentro da aula utilizando sempre as mesmas actividades? En fin, cada un debe dar resposta a estas preguntas pero dende o meu punto de vista está claro que se sempre votamos man do liro de texto e seguimos o pé da letra o programa que desenrola os nenos terán falta de motivación e será moi difícil axudar os alumnos con máis dificultades na materia.
Ah! Outra cousiña, xa veo que o conto "¿a qué sabe a lúa?" ten moito éxito. Nos tamén o utilizamos pero en versión inglés. Fixemos unha traducción o inglés que chamamos "moon in the sky", ós nenos encántanlles os contos e é un método moi útil para presentarlles vocabulario en inglés.
Un saúdo a tod@s e disfrutade moito desta experiencia que vai quedando pouco...
Pilar Campos Trabazo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario