¿A qué sabe a lúa? Ese é o título do conto, un conto que preparei e lles contei ós meus pequenos/as hoxe pola mañá. Todos os martes á segunda hora os nenos/as soben á biblioteca e collen libros de préstamo, devolven aqueles que teñen na casa, len e refollan noutros moitos. Pero hoxe foi distinto, hoxe sentáronse todos/as fronte a min e gardaron silencio esperando a que eu comezase coa historia.
Cando ves corenta olliños abertos que teñen medo de pestanexar por se perden algún movemento, xesto ou detalle, entendes que o que estás contando lles gusta. Foi unha experiencia nova pero moi gratificante, e máis aínda cando de alí a un pouco nada máis xa che están pedindo que llo volvas contar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario