Hola compañeiros de prácticas!
Hoxe tocame a min, asi que falarei un pouco das miñas experiencias cos raparigos... A verdade, moi positivas tendo en conta o recibimento da miña tutora:" espero non ter que facerche nada porque traballo xa teño eu bastante, e segundo, dou clase a infantil, e odio dar clase a estas idades, así que xa te podes imaxinar como son as miñas clases..." Comprenderedes a miña desesperación, meu deus onde me metín eu...Sen embargo a mestra cambiou a súa actitud comigo,( un dia malo teno calquera!) e resultou ser moi agradable.
Atópome nun centro na cidade da Coruña, e como estudante da especialidade de ingles, acompaño a unha das mestras para enseñar ingles a todolos nenos de infantil (en total 225 nenos) e das tres clases de 4º de primaria. Primeiro handicap, un mestre de ingles ten que moverse dunha aula a outra durante practicamente todo o día, acarrexando materiais.. Sen embargo foi unha sorte porque poido ver as diferencias entre infantil e primaria, que son moitas e grandes!
A experiencia cos pequechiños é totalmente nova para min, pero a verdade atópome moi a gusto con eles, son super cariñosos e non paran de pedirme bicos…E por suposto é moi gratificante o ver cómo van aprendendo as cousiñas a traves de cancións e contos, maiormente. Debo decir que a mestra fala moi pouco ingles con eles (un erro, penso ), limitándose tan só a unhas cantas ordes que os nenos xa comprenden perfectamente (sit down, stand up, time for tables…). Eso sí, rematas as clases cansada porque non tes un momento de relaxación..
En canto os nenos de 4º, decir que a mestra segue ca metdoloxía tradicional do libro de texto, e as clases lémbranme as miñas de hai uns vinte anos atrás.. A mestra segue a falar aquí moi pouco ingles, limitándose tamén a ordes, porque senón di “non a entenden”.. Chamame moito a atención a cantidade de alumnos que hai do extranxeiro, Sudamérica sobre todo, e tamén alumnos de etnia xitana. En xeral teñen un nivel moito mais baixo, e a mestra ten que esforzarse moito mais con eles, facendo incluso adapatacións curriculares para axudarlles un pouquiño…Incluso hai un alumno de etnia xitana que está en 4º pero non sabe ler nen escribir, así que á mestra non lle queda outra que darlle fichas dos pequerrechos para que coloree. A miña labor xa dende os primiros dias foi axudarlle un pouco a estes nenos que teñen mais dificultades
. A verdade, agora doume conta do difícil que é para un mestre esta atención á diversidade, pois cóntase con moi pouco tempo.. dende fóra é moi criticable, pero dende dentro a cousa cambia..
Bueno, creo que vou rematar pois quedaríanme moitas anécdotas que contar, pero xa volas irei contado de pouquiño en pouquiño.. Un saúdo para todos e aproveitade que xa queda pouco!!!
Belen Bugallo GArcia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario