jueves, 3 de diciembre de 2009

03 Decembro 2009

Que tal todo? Espero que moi ben. Pimeiro de todo e antes de nada pedir desculpas, foiseme o santo ó ceo e esquecinme de deixar o meu comentario no blog o día que me pertencía, que era o día 01 de Decembro. Fago agora e do xeito máis resumido posible, como é un día normal na clase de 5º A do CEIP PÍO XII;
O Martes, o primeiro que fixeron os raparigos ó entrar na aula, e coma todas as mañáns, foi correxir os deberes que tiñan para facer na casa,(básicamente de Matemáticas e de Lingua, rara vez levan traballo de Coñecemento do Medio). A corrección dos mesmos faise do xeito máis tradicional, cada alumno sae ó taboeiro a realizar cadanseu exercicio, ou no seu defecto dende o propio asento. Logo, coma case tódos os días baixei a facer fotocopias para os tres quintos, xa que a miña titora e a encargada do ciclo e teñen ese método de traballo, copias para todos.
En Matemáticas claréxanse as dúbidas que poidan xurdir antes do exame do Mércores, sobre todo relacionado coas fraccións equivalentes. Asemade realizaron cinco exercicios de repaso da última folla do tema. A miña función básicamente estriba sobre todo na observación e na aclaración dos pequenos detalles que os nenos/as non entendan, pero sempre respetando o traballo da titora.
Á volta do tempo de lecer, rematamos de ver un filme que tiñan pendente na hora de relixión. Ó remate da mesma, 3/4 partes do alumnado ficaron coa mestra de dita materia ,e o resto foise coa titora e comigo a Alternativa á relixión. O traballo que nesta materia realizan é moi semellante o que fan en relixión pero facendo máis exercicios relacionados con valores persoais da vida cotiá, sen centrarse no Cristianísmo.
Á última hora, para rematar, realizaron un "pre-exame", moi semellante o que irán realizar o próximo Martes.
Inteitei facer unha breve síntese de como é unha xornada normal e corrente na clase de 5º A do CEIP PÍO XII. Espero que o pasedes moi ben no pouco tempo que nos quede, e calquer dúbida xa sabedes, podedes deixar o voso comentario, o cal atenderei con moito gusto.
Un saúdo moi agarimoso a todas/os.

No hay comentarios: