viernes, 19 de diciembre de 2008

O NADAL NO C.P.I DE CASTROVERDE















Boas! Que tal todos? Polo que vin a todos vos foi moi ben durante este mes de prácticas aproveitando o máximo cada día no centro escolar. Eu estiben facendo as prácticas no C.P.I de Castroverde en Lugo que foi o meu antigo colexio.Hoxe non foi un dos mellores días para todos nos porque chegou a temida despedida.
O festival de Nadal con que tanto entusiasmo prepararon os alumnos do centro saíu tal e como esperábamos.
Os alumnos de primeiro cos que estiben este mes cantaron unha panxoliña e unha das alumnas tocou o violín con outros alumnos do conservatorio e coa súa irmá que tocou o violonchelo.
Todo foi como o recordaba, non fai tantos anos que eu subía a ese escenario cantar panxoliñas, facer obras de teatro...e recibir con ilusión os caramelos que nos daba Papa Noel.
O esforzo e ilusión que os alumnos de todos os cursos puxeron na realización das obras e panxoliñas tivo moi bo resultado, todo saíu moi ben, os pais dos alumnos “caíalles a baba” vendo os seus fillos actuar, durante todo o festival as cámaras non deixaron de “disparar”.
Este mes estiben nunha clase de 19 alumnos de primeiro de primaria, polo que as clases eran moi movidas e dinámicas, xa que aínda son moi pequenos apenas saíron fai uns meses de infantil, de todas formas todos os alumnos leen perfectamente agás algún que presenta problemas coa pronuncia das letras “s” e “r”.
A dinámica da clase foi durante as primeiras semanas máis ou menos a mesma: o comezo da maña dedicábase a lectura e escritura, as horas despois do recreo normalmente tocaba inglés, matemáticas ou plástica, nestas últimas horas os nenos estaban máis cansados e resultaba complicado captar a atención de todos os alumnos.

A profesora coa que estiben deixoume liberdade dende o primeiro día para axudarlle con todas as tarefas, deume moita confianza e iso axudoume para que eu confiara máis en min, tratoume coma unha educadora máis comentándome todo o que tivera relación co centro escolar.
Dende o comezo do mes puiden desenrolar a labor de mestra e aprender moitas cousas que as veces na teoría parecen máis complicadas do que son na práctica. O principio pensei que a presenza de dúas profesoras na aula ia alterar os alumnos, pero a complicidade que tiven dende o primeiro día coa profesora axudou a que aceptaran tanto as miñas actividades como as da súa profesora. Os primeiros días por a novidade de terme na clase os alumnos ensinábanme a min o caderno antes que a profesora.
Notei na aula unha gran diferenza entre as nenas e os nenos, xa que elas eran máis constantes e remataban antes as tarefas para poñerse a debuxar, debuxos que cada día ó final da clase me ían entregando.

Nas horas de recreo algunhas veces quedei no patio e outras fun a sala de profesores. Cando quedaba no patio todos os nenos me rodeaban e non querían ir xogar, paseaban comigo contándome cousas sobre a súa familia, os seus amigos , os seus gustos, as últimas semanas xa xogaban entre eles, ensineilles algún xogo no cal participei, pasei uns momentos moi divertidos con eles.

Na sala de profesores foi dende o primeiro día xenial, perfecto, encontreime cun ambiente de amizade, de harmonía, complicidade, bo humor, afecto....e podería seguir con moitos mais adxetivos positivos. Sentinme moi cómoda con todos os profesores xa que me trataron coma se estivese alí dende fai moito tempo facéndome partícipe das súas conversacións tanto nas que tiñan que ver co centro coma nas que non, foi unha das cousas que máis novidade me fixo porque coincidín con algúns profesores que me deron clase e estar alí con eles tomando café, recordando vellos tempos de tal maneira que algún dos meus antigos profesores fixeron que me emocionara. Cada semana me fun sentindo máis cómoda na sala de profesores. A terceira semana a directora acudiu a sala de profesores xunto cos tres titores de prácticas, a miña titora dirixiume unha sorisa e xa me decatei de que algo tramaban. A directora quíxonos facer un pequeno homenaxe, entregándonos a cada alumno de prácticas un diploma e un agasallo. Sentinme tan orgullosa e tan ilusionada cando me entregaron o diploma no cal entre outras cousas poñía “ aínda sabendo as dificultades da educación, decidín dedicar a miña vida a aportar un pequeno gran de sabiduría na cabeza de centos de pequenos clientes”, tamen poñía que esperan que dentro duns anos esperan verme por o centro desenrolando a miña labor como docente. Estou moi agradecida con todo o grupo de profesores do centro tanto de primaria como de secundaria xa que todos me axudaron coa información que necesitei e aportándome todo a axuda que estaba nas súas mans, incluso me deron a opción de acudir a unha clase de secundaria.


Como vedes a miña estancia no centro durante este mes foi inesquecible, oxalá non acabara,o mes pasou tan rápido. Como vou estrañar a eses 19 cativos que dende primeira hora da maña fixeron que o día fose perfecto. Non me vou esquecer destes alumnos, nin do centro en conxunto, xa que estaba facendo realidade ese soño que toda nena ten: “eu de maior quero ser mestra”.Cantos de vosoutros dixestes isto de cativos? e o máis importante que todos os que estamos hoxe aquí o seguimos desexando.
As bágoas saltáronseme varias veces durante a miña estancia no centro: o día do meu aniversario que me cantaron todos o cumpleanos feliz, o día do homenaxe por parte dos profesores,recordando vellos tempos, a ilusión que lles fixo os antigos profesores verme alí e o día da despedida.
Onte leveilles un agasallo as alumnos para que se acordaron de min e para a miña sorpresa eles tamén me tiñan un regalo.Que riquiños!! Onte despedinme deles porque hoxe ían estar máis entretecidos co festival, pero a verdade e que hoxe non me puiden resistir a darlles dous bicos e volverme a despedir, cando saín do centro eles quedaban na porta dicíndome adeus...deume moita tristeza. Quero volver xa!!
Pois nada compañeiros que espero que todos gardedes un montón de recordos desta experiencia, agora toca volver a facultade, as clases, os exames, pero antes diso quedan estas vacacións, que teñades unhas felices festas, vémonos en Xaneiro!!!

Bo nadal compañeiros!!!


Sandra Carpintero Souto.

sandry_scs@hotmail.com

No hay comentarios: