jueves, 18 de diciembre de 2008

ENCÁNTAME SER MESTRA

Qué tal compañeiros e compañeiras!? Aquí estamos, a tan so un día de rematar as prácticas. A estas alturas teño unha mestura de desexos, por un lado ponme moi triste saber que se acaban as prácticas e que non vou volver escoitar aos rapaces, pero por outro lado teño moitas ganas de volver ver ás miñas compañeiras e compañeiros para compartir as experiencias vividas.
Podería mencionarvos montóns de anécdotas divertidas e interesantes pero entón non remataría máis, así que vos vou ofrecer a miña humilde opinión sobre esta experiencia.
Foi unha das mellores experiencias da miña vida, ao principio tiña moito medo do que me atopase, en todos os sentidos, pero todos os meus temores foron desaparecendo día tras día coa xente que ía coñecendo e cos nenos e nenas que ía tratando. Durante este mes entendín moitas cousas que se dicían nas clases pero que me resultaban bastante abstractas ata fai un mes, tamén aprendín moitas outras cousas que non se explican na facultade nin nos libros senón que se aprenden no día a día dunha escola.
As mestras que coñecín e observei neste colexio durante este período todas me pareceron grandes profesionais e moi bos exemplos, non sei se inflúe o feito de que son todas mulleres menos un mestre e o conserxe...je, je aí deixo a dúbida.
En canto á marcha das clases puiden comprobar que xoga un papel moi importante a improvisación así como as ganas e o entusiasmo que lle poña tanto o profesorado como o alumnado.
O supervisor preguntaba o outro día sobre os documentos do colexio, pois no meu caso non tiven inconvinte ningún, o PCC, PXA, PEC, etc. están gardados nuns arquivadores nun espacio común para todo o persoal e déronme permiso para coller o que precisase e cando o precisase, eu en vez de copialos a man fotocopiei o que me interesaba.
En canto ao alumnado, en xeral todos din que é un segundo moi bo e á verdade a min paréceme boísimo aínda que a min todos os cursos me parecen bos. Os alumnos que precisan algún tipo de axuda ou reforzo son atendidos polas especialistas de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT) según sexa o caso.
Hoxe tiven que dar eu unha clase de coñecemento do medio porque aínda que non dan clases moi intensas seguen traballando, aínda que de cando en vez se cambie a rutina para facer algo de Nadal. En realidade polas mañás a mestra coa que estou da clases normais e o que fai de Nadal faino pola tarde porque é cando os nenos están mais cansos, o que me parece moi boa idea. Tamén algo que me sorprendeu neste curso é que son moi traballadores porque tan pronto acaban unha actividade xa che preguntan que máis van facer, aínda que tamén hai algún alumno que parece que non lle interesa nunca nada.

Se algo me quedou claro neste mes é que quero dedicarme á ensinanza e só con oír a palabra “profe” cando me chaman os alumnos xa me sinto a persoa mais importante do mundo, aínda que de momento estou de “inquilina” dunha clase de segundo.
Durante este mes quedoume bastante claro que ¡QUERO SER MESTRA!
Aproveito para desexarvos a todos moitas felicidades nestas datas e que teñades un bo Nadal e un feliz 2009.

Aquí vos deixo unhas fotos proba do esforzo decorativo dos rapaces e rapazas de 2º A no colexio Rosalía de Castro de Padrón (e da paciencia das mestras).





























Rosa Iglesias González




No hay comentarios: