Non sei como describir tantas experiencias en un só mes. A verdade é que estou de marabilla (polo visto a ninguén lle foi mal nas prácticas), pero a verdade é non tiven ningún problema. Como xa dixen noutro comentario, eu estou no Pío XII, en 6ºC (moi ó meu pesar cando entrei), nunha clase bastante problemática. Non porque teñan algunha discapacidade os alumnos, nin por ningún problema familiar...non, simplemente os meus alumnos non dan calado. É impresionante, de verdade, nunca se cansan de falar, sempre teñen que contarlle algo ó seu "veciño" de pupitre, ou se non é a el, é ó da outra punta da clase, o caso é falar. E aínda que lles avises unha, outra, e outra vez (a miña titora desespérase e incluso lles grita) non consegues nada! Como moito ó pasar 1 minuto xa volve o barullo. E a consecuencia destas interrupcións é que a titora atrasa un pouco a explicación e as tarefas, e estrésase. Aínda así, ela é moi esixente e os outros mestres de 6º están moi sorprendidos cos avances na materia na miña clase porque todos aseguran que se lles tocase dar na nosa clase non serían capaces nin de facer a metade.
Eu estou moi contenta, levántome tódolos días con ganas de ir ó colexio, aínda que estea cansada, porque me gusta moito o que fago. Ademais, temos un ambiente moi bo, tanto entre as profes de prácticas, como as titoras do curso (que se soen deixar entre elas os apuntes, as fichas, as tarefas...), como entre as profes e os alumnos...En canto a isto, lévoo moi mal. Este venres xa nos imos...e xa teño pena por deixar de ver ós meus alumnos. Eu creo que ó ser o primeiro contacto que temos con este mundillo (como mestres) fixemos unha relación máis de amigos que de profesor-alumno, non sei, eu polo menos si. Por iso agora me costa moito máis acabar. Pero bueno, supoño que poderei ir visitalos algún día.
No tocante ás clases, a mestra ten a súa forma de ensinar, ao meu ver un pouco tradicional: non fai as clases nada interactivas, non existen os debates nin deixa case preguntar sobre o tema que se está dando, pero aprendo moitísimo con ela. Ademais enténdoa cando me di que por ela si que faría as súas clases máis amenas, pero non pode porque non lle deixan, armarían tal revolta que habería que cambiar de sistema: "-A eles só lles vale que sexa un sarxento, se lles falo como son aproveitaríanse de min". Non sei ata que punto ten razón ou se habería outra solución sen ter que berrarlles seguido ón alumnos.
Quedarame o que queda desta pequena semana para seguir buscándolle a solución a estas dúbidas que teño e para seguir disfrutando deste periodo de prácticas que me está resultando tan divertido e gratificante. Espero que a todos vos vaia ben.
Raquel Fernández Formoso. rakelmuros@hotmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario