Hola a todos de novo!
Despois da tormenta sempre chega a calma…e desgraciadamente xa chegou! Botarei moito de menos os meus nenos porque me fixeron pasar momentos inolvidables, é increíble que uns nenos con 7 anos cheguen a facerte tan feliz e ser tan importantes para ti! Costoume moito despedirme deles e a eles tamén de min, pero teño a esperanza de volver a velos pronto que xa me invitaron a moitas festas do centro, e irei sempre que poda!
Bueno respecto a outros temas, quería comentar algo sobre a relación dos nenos e nenas da miña clase. A relación que manteñen entre eles dentro da aula (no que se refire á diferencia de sexo) é totalmente normal, todos se levan estupendamente e tanto pode haber un problema dun neno cunha nena como de dous nenos ou de duas nenas. O certo é que son bastante “chivatos” e sempre se andan acusando uns ós outros aínda que sexan moi amigos, iso foi unha cousa que me chamou a atención.
Entón eu quería comprobar se esa realción era igual á hora do recreo, que están con máis liberdade e menos vixiancia,e saín algunhas veces ó recreo para observalo. Ahí comprobei que a relación que mantiñan era a mesma que dentro da aula, moitas veces os vía xogando a todos xuntos ,nenos e nenas, a un mesmo xogo ou mesmo algúns nenos e algunhas nenas paseando xuntos polo patio. Por esa parte non existe ningún tipo de discriminación, dende o meu punto de vista.
O que si notei foi a exclusión de algún neno. Por exemplo, hai un neno na clase que ten algún problema pero aínda non se sabe moi ben cal. De feito falando coa súa nai ela me dixo que o levara a moitos médicos, neurólogos,etc e que non consiguen darlle unha resposta clara acerca do problema e por iso ela está moi preocupada porque nota algo raro no neno.
Entón eu notei que ese neno é excluído polos demáis compañeiros, porque ademais el ten actuacións negativas cos seus compañeiros. É capaz de pegarlle ou de insultar a alguén sen que se metan con el, de feito esta última semana tivo problemas porque mostrou unha conducta bastante agresiva cara un compañeiro. Ademáis cando o mestre ou eu tratabamos de falar con el sempre se poñía moi nervioso e tardaba moito en contestar.
No recreo sempre o vin só, pero tamén aproveitaba para meterse cos seus compañeiros a pesar de que parecía ter algo de medo , e “obviamente” os seus compañeiros non se quedaban quietos.
Por outra parte, tamén notei unha relación “rara” que non sei se lle pode chamar exclusión , da maior parte dos nenos con unha nena da clase. A nena non ten ningún problema , polo que sei eu, pero é bastante tímida e apenas fala cos demais compañeiros. No recreo sempre a vin ou soa ou con un outro neno, que era o único amigo co que falaba. Eso tamén me estrañou pero igual é debido á súa timidez.
E bueno, que a excepción de estos dous casos gustoume moito a relación que manteñen entre os compañeiros e que se ve claramente que non hai ningunha diferencia de sexo entre eles, son todos iguais.
Bo Nadal a todos!!
Un bico
Miriam Ruso
No hay comentarios:
Publicar un comentario