Ola!!
Espero que todos esteades moi ben!polo que leo por aquí, parece que si, alegrome moito!
A miña experiencia está sendo increible! O luns, cando cheguei o colexio dixéronme que iba estar en cuarto de primaria, e presentáronme a
Raquel (a miña tutora) e os 25 rapazes máis revoltosos que coñecín na miña vida, hoxe xa máis calmados, pero os outros días... todos os demáis mestres me din que é a peor clase,e é certo que non paran de falar, que lle costa moito atender e corrixir os exercicios e que pasan bastante da mestra, pero eu estoulle collendo moito cariño a todos.Hoxe estibemos pintando un mural para o festival de nadal, e paseino moi ben, todos me queren contar o que van facer, que van cantar... e no recreo non me deixan soa nin un só momento, creo que nunca tiven a tanta xente pendente de min. Faime moita gracia o de “profe , profe” e cada pregunta... como a de hoxe, que me foron buscar a sala de profesores pa preguntarme se estaba casada jaja. Si, só tres días e xa con millóns de anécdotas que seguro que na vida esqecerei.
O colexio é pequeniño, pero moi bonito, o primeiro día uns cantos nenos da miña clase levaronme a coñecelo, e explicáronme de todo e máis. O que máis me chamou a atención foi a aula de música, xa que a teñen moi ben estructurada, ademais de un estudio de gravación e moitos instrumentos; tamén o comedor, quizás sea porque eu no meu colexio non tiña, e penso, sen dúbida, que é o lugar donde os nenos e nenas máis se coñecen.
Aquí vos deixo algunhas fotos; deste maravilloso colexio, donde me sinto como en casa, e o que me corroborou que esto e todo o que me gusta e quero.




moitos ánimos a todos!!
Ana Belén Troncoso Presa
3 comentarios:
jo, que guay. Alégrome moito de que che vaia tan ben.
Eu tamén o estou pasando en grande, pouco a pouco voulle collendo mais cariño a todos, pero inda me segue costando bastante chamarlle a atención cando falan demasiado..jejeje
Espero que todo siga asi de ben para todos.
biquiños e abrazos
ÁNGELA EIRÍS VILARIÑO
A ti preguntáronche se estabas casada... Pero a min viñéronme no recreo e preguntáronme se era mamá ou nena! Quedeime sen saber que contestarlle, a verdade.
Tes razón, estamos vivindo tantas anécdotas tan curiosas e graciosas que nada vida esqueceremos.
Saúdos!
Amanda Louro Pérez
Jajajaj, lo de la falta de atención es muy cierto, hay estudios que dicen que los cursos donde los niños pierden mas la concentracion son en cuarto y en segundo.XD
mucha suerte.
Gael
Publicar un comentario