O primeiro día cando chegamos as rapazas de prácticas e mais eu ao colexio Pío XI, a maioría só pedíamos que non se nos mandase a cursos grandes, non sei, supoño que porque os maiores impoñen máis...e resulta que acabamos case todas en 5º e en 6º. Pero o mellor de todo é que agora non me cambiaría por nada do mundo...vou a clase feliz!!Pásoo xenial e noto que estar cos alumnos e coa profesora, formando parte da súa educación enriquéceme...
Aparte disto está o de que me vai costar moito irme, quedaríame alí traballando xa!!E é que me fixen moi amiga dos alumnos(cousa que non se debe facer!!) e esto en catro días...cómo me costará o 20 de decembro? ademais se es profesora non creo que sexa moi recomendable facerse "colega" dos teus alumnos, non che verían como unha profesora, "a autoridade na clase" jeje.
Pois o que ía dicindo, a min tocoume en 6ºC, díxome a mestra o 1º día indo para clase:
-Non querías vir para 6º? ...e logo falaronte xa de 6ºC?...ah, non? é que é a peor clase do colexio...a peor non...a máis problemática!
Eu xa non sabía por onde meterme!!Tíñalles medo ós nenos!?!
Ó final non era para tanto...sí, son moi faladores pero gracias a iso ríome moito con eles... e teñen dúbidas interesantísimas!!sempre teñen algo que contar!!
Pola contra, a mestra debe estar ben cansada deles e mándalles calar a maioría das veces...jaja
¡Quen me dera sustítuila uns mesiños...eu estaría encantada!
Espero que vos vaia moi ben a todos!!
Raquel Fernández Formoso
rakelmuros@hotmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario