Ola compañeir@s estou vendo que todos tendes moito que contar así que voume sumar contándonos como me vai. Estou no colexio Rosalía de Castro en Padrón cun segundo que é estupendo en todos os sentidos (ou iso me parece a min) e dende o primeiro día me encariñei con eles, e eles comigo. A mestra púxome a corrixir exercicios dende o primeiro día e hoxe din a miña primeira clase. Fai uns días acordeime das clases de antropoloxía e de canto nos insistiu Ramón Sánchez nos dereitos dos nen@s e tamén de que hoxe se celebra o día dos dereitos do neno/a. Así que pedinlle permiso á mestra para ocupar a súa clase e a primeira hora estívenlles falando un pouco sobre o que nos dixera o profesor a nos e fíxenlles unhas actividades que segundo os nenos foron moi divertidas.
Agora a mestra estame animando a que dea algunhas clases eu soa de lingua, lengua, coñecemento do medio... a ver que tal o fago. Paréceme que levo aquí dende sempre e tanto os alumnos como os mestres trátanme xenial, espero que vos teñades a mesma sorte.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario