jueves, 20 de noviembre de 2008

O DIA DO NENO


Antes de nada, explícovos como me vai a mín. Resulta que estou no curso de 3º de ed. Primaria, e que, en resumo, son os “peores” do colexio en canto a comportamento e actitude. O que me amola máis non é que sexan moi faladores, que berren e se peguen patadas tortazos, que non deixen falar ós profesores, que non fagan as tarefas… senón que en xeral sexa unha clase cun nivel bastante bo en canto a intelixencia.

Non son uns nenos cos que te poidas levar demasiado ben, porque é mellor para ti que non collan demasiada confianza. Aínda así, teño xa unha boa relación con eles porque sempre lles intento explicar o mellor posible as dúbidas que teñen, e ademais cando lles pasa algo veñen a contarmo. Unha das cousas que me gustou hoxe foi que un rapaz chegou á clase e o primeiro que fixo foi vir a saudarme e a dicirme que aprendera a xogar coa buxaina, que podía incluso darlle voltas na palma da man! E alegroume que a pesar de que eu tamén lles fago calar e que me poño seria, entenden que o fago cando eles non se comportan como deben.

Hoxe é o dia do neno, e polo tanto fomos á casa da cultura a ver unha obra musical na que se representaba o conto de Hansel e Gretel de forma musical. Para os nenos do meu curso ou máis pequenos fíxoselles algo pesado, xa que a música era clásica. Pero ó final tocaron a banda sonora dos Simpson, e algunhas máis que eles coñecían e entón animáronse.

Nestes poucos días é cando se ve realmente o que é a educación nos colexios e tamén cando comezamos a entender realmente o que é a ensinanza.
Espero que se tedes unha clase algo problemática como a miña, que non vos preocupedes e que aproveitedes para aprender máis.

Un saudiño!!

Lara Suárez Carreira


Larasuarez_80@hotmail.com

No hay comentarios: