Hola a todos!!q tal? Despois de duas semanas de practicas cada vez sintome mais contenta e mais a gusto no colexio no que estou…é certo que o tempo pasa mais rapido cando un está a gusto…jeje
Cada día aprendo cousas novas, vexos diversos comportamento nos nenos, como os mestres tratan de solucionar os problemas..etc, etc. Pero o certo é que como dixo Gael creo que algunhas asignaturas deberían enforcarse máis ben cara o que nun futuro imos necesitar e non hacia cousas que igual non nos serven para nada pero weno...simplemente é a miña opinión, que igual me equivoco, pero pareceme máis importante aprender a ensinar que outros contidos que estamos aprendendo!
Pero weno, respecto á clase na que estou, os nenos son estupendos e fanme moitos regalos!Onte preparei eu a clase de plástica, xa que o mestre díxome se lle podía botar unha man porque a el non se lle daba demasiado ben, e así foi! Aínda que ,obviamente, e unha clase das máis sinxelas,fíxome moita ilusión preparala e explicarlles ós nenos o que tiñana que facer, e víaselles moi contentos facendo a actividade! Ademáis , o mestre díxome que ía puntuar ese traballo e que ía ser eu a que lles puxera a nota, polo que tamén estou moi contenta de que o mestre confíe en min!! Sen máis, aquí vos deixo unha foto da clase na que estou antes de que chegaran os nenos!!
O próximo Mércores 3 teremos unha obra de teatro no colexio , xa vos contarei como foi!!
Un saúdo e a disfrutar!!!!
Miriam
No hay comentarios:
Publicar un comentario