miércoles, 26 de noviembre de 2008

DÍA DE PRÁCTICAS

Hola a todos, espero que esta segunda semana de prácticas vos vaia tan ben coma a primeira, sen máis paso a contarvos cómo é un día na clase de 2ºB do CEIP Aguiño:
Entramos na aula ás nove da mañá e coma todos os días poñemos as caritas contentas correspondentes ó día anterior (quen se portou ben o día antes leva unha carita e quen consegue dez, leva premio).
No encerado que hai no fondo da aula, puxemos unha adiviña, antes de que chegaran os nenos, para que eles a acerten (a partir de hoxe vaise poñer todos os días).
Despois traballamos co libro de matemáticas facendo problemas de sumar e restar levando, que aínda lle costa un pouquiño, xa que fai pouco que empezaron.
A continuación facemos un tángram cada un en cartulina. Logo recortámolo e intentan facer eles un cadrado e varias figuras coas pezas do tángram. Así traballamos as formas xeométricas.
Logo facémoslle un pequeno "control" de escritura. Consiste en frases nas que todas as palabras está seguidas e eles teñen que separalas e escribir a frase correctamente; teñen bastante dificultade á hora de separar as palabras.
Os que van rematando o "control", len unha poesía en galego, despois cópiana no caderno e fan un debuxo dela. Ó rematar teñen que intentar aprendela de memoria e logo recitala. Como lles costa moito aprendela, copiámoslle a poesía incompleta nunha folla, para que eles poñan as palabras que faltan. Cando acaban esta tarefa collen un xogo e teñen xogo libre ata que todos os compañeiros rematen. Xa é hora do recreo.
Á volta do recreo teñen clase de relixión, e eu fun cunha das profesoras de pedagoxía terapéutica e coa de audición e linguaxe para que me explicasen como funcionaba a aula de educación especial e cal era o procedemento a seguir cando o titor informa sobre algún neno con necesidades específicas de apoio educativo.
Despois volvo á clase. Unha nena escribeu un conto durante o recreo e quíxollo ler en alto ós seus compañeiros.
A continuación fomos á aula de informática, onde cada neno ten o seu ordenador; estivemos traballando cun programiña que se chama MAREMATICAS e que está moi ben para traballar: sumas e restas levando e sen levar, series de sumas e restas...
E xa chegan as dúas da tarde, hora de marchar.
Estefanía Domínguez González

1 comentario:

GOLFIÑOS DE AGUIÑO dijo...

ola somos os golfiños de Aguiño, xa sabes infantil de 4 anos A e queremos que nos fagas unha visita para que vexas como traballamos. vemonos!