Ola a todos!
Espero que vos vaia ben como a min, aínda que polo que se ve parece que si!
Encántanme as prácticas. O outro día estiven eu sola toda a maña na clase de 4º de ed. Primaria e foi unha marabilla. Estar eu sola nunha clase explicándolles e falando con eles.. ademais de que son poucos e non fan ningún barullo.
Esa mañá os de terceiro non paraban de preguntar, que cando ía eu para a clase deles outra vez, iso que eu non son unha persoa que me dedique a falar con eles e nada mais, senón que hai momentos nos que podo falar con eles de algo, e outros nos que lles berro ou lles digo que atendan, que non se pode pegar…
O resto da semana foi coma sempre. Podería contar moitas cousas pero son anécdotas a maioría, e non acabaría nunca!
Hoxe veu un conta contos ó colexio e foi moi divertido porque a rapaza que os contaba ía sacando a nenos e nenas ó escenario. Fomos só os de primaria, e foi sacando alumnos para que fixeran de personaxes dos contos. O mellor de todo foi no terceiro conto cando sacou a un de terceiro, da miña clase, e lle dixo: ti eras o príncipe. Fíxoo tan ben e tan gracioso que todos nos rimos moitísimo. Os contos todos eran clásicos pero con un toque innovador: tratábase de acabar o conto de forma diferente, xa que a conta contos en lugar de rematar con que o príncipe se casaba coa princesa, a princesa non quería casar, senón que quería ser enfermeira ou astronauta e o príncipe, segundo o rapaz, quería ser roqueiro.
Ademais tratábase de que foran contos en contra do machismo, no cal existía igualdade entre homes e mulleres, ou incluso lles concedía algún poder máis á muller para que os nenos viran que as cousas teñen que cambiar. O que sempre repetía ó final era: e foron felices e comeron perdices.. perdices?? Comeron de todo que é máis divertido!!!
Pasámolo moi ben.
Pola tarde tivemos problemas porque resulta que hai algún neno, un da miña clase, que se dedica a coller os paraugas que hai no baño das rapazas e metelos dentro dos WC, que deixa os grifos abertos… e hoxe levando o control están dubidando entre dous. Espero que se saiba pronto.
Outro dos problemas que temos é que hai un neno que necesita reforzo e que ten que vir a buscalo unha profesora para estar con el. Son en total catro horas á semana, e desde que cheguei, nestas dúas semanas penso que votou con el media hora, xa que o ven a buscar a menos cinco, e a en punto xa aparece pola porta. A mestra está sempre votándolle indirectas, pero xa vai tomar medidas na próxima reunión que hai para a semana que ven.
Polo demais.. aquí vos deixo unha foto dos “meus” alumnos jejejeje.
Un saudiño a todos e a seguir pasándoo ben!
Lara Suárez Carreira.
Larasuárez_80@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario