jueves, 10 de diciembre de 2009

TOC! TOC! TOC! Aquí o Profesor.

Un gusto saudarvos a todos e todas despois de todo este tempo lendo os vosos comentarios. Estou encantado de comprobar que, en xeral, os vosos comentarios son moi positivos e que estades sentido a experiencia como estupenda.


Tamén van aparecendo algunhas temáticas de moito interese que pagaría a pena que entraran na vosa Memoria. O bon de empregar o blog é que a experiencia dos compañeiros e compañeiras acaba convertíndose en experiencia de todos. Ou, alomenos, ler o que eles contan permite reflectir sobre eses mesmos asuntos en relación a experiencia de cada quen.


O que me gustaría salientar hoxe é, xustamente, algúns deses temas que foron saindo e que merecen unha consideración especial:

1.- O tema dos libros de texto e o uso que fan deles os profesores/as.
Efectivamente, como comentades algúns de vos, os libros de textos son recursos excepcionais para guiar as aprendizaxes pero non deberían monopolizar a relación entre alumnos/as e coñecementos. Existen moitas formas de entrar en contacto coa realidade a aprender. Se únicamente o facemos a través do libro de texto (ou dos libros en xeral) estamos empobrecendo eses contactos. É o que se chama o academicismo e a aprendizaxe libresca. Esa mesma é a sensación que algúns de vos sinalades nos vosos comentarios relacionando a grande diferencia de aprender cousas na Facultade e vivirlas nas prácticas.

2.- A recepción por parte dos tutores/as.
Iso me preocupou un pouco. Non debe ser unha experiencia agradable sentirse recibido con suspicacias ou con pouco entusiasmo. Afortunadamente, parece que as cousas melloraron nos casos máis chamativos. Espero que na meirande parte de vos a recepcion fora cálida. De tódolos xeitos gustaríame que incorporárais nos vosos diarios algún comentario sobre este aspecto na vosa experiencia persoal.

3.- O coñecemento das familias
Pareceume de interese o comentario sobre cómo se vai entendendo mellor aos nenos a medida que se coñecen máis datos da sua situación familiar. Como seguramente saberedes (se vos falaron do mito de Pigmalión) esta cuestión é un forte dilema educativo. Moitas veces “saber máis” non leva a coñecer mellor ou a saber interpretar mellor os comportamentos dos nenos. Leva a que eu vou condicionando a miña visión do neno á información previa que un ten del. Se me dicen que é un neno con problemas tenderei a analizar os seus comportamentos como os propios de un neno con problemas. Chámase a profecía que se cumple. Pasa tamén cos adultos. Figurádevos qué pasaría se laguen vos dixera que a vosa parella é un maltratador/a. Sempre estaríamos coa mosca detrás da orella e interpretaríamos calquer xesto seu como ameazante.
Por iso, as veces, é mellor non ter moita información dos nenos e acomodarse aos elementos que nos mesmos vamos vivindo con él. É máis sano para ambos.

4.- Outro comentario interesante é o que fala de que os nenos de agora son distintos dos de antes.
Normalmente dise eso para peor. As veces sen querer decilo. Pero poucas veces se inicia así un argumento que veña a decir que os nenos de agora son mellares que os de antes. A mesma cousa sucede con vos: tamén se dice que sodes distintos dos/as estudantes de antes e a cousa sempre acaba en que os de antes eran mellares.
Pensar que son máis heterogéneos, falando da Educación Infantil, resulta un tanto estrano. Os nenos sempre son moi diversos, con niveis de desenvolvimento disímiles, experiencias diversas e contextos tamén moi diferentes. Desa idea temos que partir, como principio inexcusable.

Bo, vale de rollos.
Gustaríame que reflectírades un pouco sobre estes puntos, ben no blog, ben nas vosas Memorias.

Un saudo cordial para todas e todos.
Que teñades un feliz final de prácticas.

Miguel Zabalza

No hay comentarios: