martes, 8 de diciembre de 2009

08/12/09

Ola a todos! Como xa vos dixen, esta semana estreeime como profesora o que foi unha experiencia moi gratificante para min xa que os alumnos, que estaban acostumados a verme nun segundo plano, mostráronse moi entusiasmados coa idea de que eu tomase as rendas da clase. O luns comecei con coñecemento do medio e tocoume iniciar un tema novo: As rochas na paisaxe, primeiro mandeilles ler o texto que correspondía e solucioneilles as dúbidas de vocabulario, logo expliqueilles que son as rochas e os diferentes tipos que existen; o resto da clase dedicámola a clasificar diferentes rochas que eles trouxeran segundo a súa composición, textura, forma na que aparcen na naturaza, etc. O martes deilles clase de matemáticas, tamén comezábamos tema novo: A división, recordeilles como se divide e expliqueilles os seus termos, os diferentes tipos de división que existen e como se fai a súa comprobación. O xoves fixen o mesmo con lingua castelá, expliqueilles a polisemia e recordeilles os sinónimos e os antónimos e o venres continuei con lingua castelá e matemáticas, ademais mandeilles facer exercicios nos que tiñan que aplicar o aprendido e corrínllelos.
Esta semana, polo tanto, foi a máis interesante para min ata o momento, pois aprendín a planificar as clases, a controlar aos alumnos, etc. en resumo: a desenvolverme mellor dentro da aula.


Cristina Piñeiro Martínez

No hay comentarios: