Xa vos fun contando nalgunha entrada como está a ser a miña experiencia no colexio de prácticas así que aproveitarei a ocasión para falarvos un pouco máis polo miudo do vivido estos días.
Esta mañá tocounos clase na escola de Tállara, unha aldea de Lousame, onde temos 12 nenos de tres, catro e cinco anos. Como se trata dunha escola unitaria tódolos días saimos do centro base de Seira (en Rois) a cada unha das escolas rurais. Cada unha delas é un mundo totalmente distinto, en Tállara, por exemplo, hay seis rapaces de tres anos, dous de catro e catro de cinco. É unha escola bastante sinxela en canto a instalacións pero está ben equipada (aquí vos deixo unhas fotos) e ten todo o necesario para desenvolver as clases de inglés. A pesar de ser rapaces moi pequenos son bastante tranquiliños e comparten cos alumnos das outras escolas un interés moi grande pola lingua extranxeira. Hoxe estivemos a dar os utensilios da cociña.
O profesor sorpréndeme cada día cunha actividade nova e orixinal para levar a cabo cos nenos e sempre intenta ser moi positivo con eles, animándoos a valorar os seus propios progresos. Por iso creo que valoran tanto a clase de inglés, para eles é algo divertido. Ademais o profesor ten unhas rutinas marcadas que xa están incorporadas no día a día da aula, por exemplo saudar en inglés cando chega o profesor.
A maioría das actividades que facemos na clase de inglés son curtas, pois a concentración dos nenos en educación infantil é bastante limitada, así que o profesor procura que as actividades se sucedan rápidamente. Para os utensilios da cociña utilizamos un conto adaptado ó inglés (mezclando palabras, sacando vocabulario...) unha canción sinxela para que se fixeran cos sonidos e un xogo. Dividimos os alumnos en dous grupos, un deles co profesor e outro conmigo. O xogo consitía en que lles enseñábamos fotos de pratos de comida e eles dicían o cuberto que necesitamos para comer ese prato en concreto, ó final poñíanse todos nerviosos gritando fork! spoon! knife! así pasamos a que se pediran os cubertos uns ós outros, familiarízandose cos novos conceptos. Foi unha actividade moi divertida e eles estaban entusiasmados.
En fin, como vedes a miña experiencia está a ser moi positiva e tiven moi boa recepción por parte do titor e dos nenos e mesmo tamén dos pais, que semellan estar encantados coa idea de que os seus fillos teñan unha "profesora de apio". Xustamente quería facer un comentario sobre as familias. A maioría dos pais que temos nas catro escolas rurais dedícanse a ganadería e o sector servicios, son todos xóvenes e son eles os que veñen a recoller ou a traer os nenos polo que, en xeral, hai un estreito contacto cos pais. Son nenos pequenos así que é importante que os pais saiban o que se pode esperar deles e o método de traballo que se vai desenvolver. Neste sentido o profesor co que estou nas prácticas (e titor) intenta proporcionar ós pais pistas para que poidan apoiar os seus fillos no proceso de aprendizaxe. Como anécdota: o outro día comenteille ó profesor unha sensación sobre un neno en concreto e a súa familia, o titor contestoume algo moi semellante o que comentou onte o noso supervisor, Manuel Zabalza, no blog. Veu a dicir algo como que non debemos chegar á aula cunha idea preconcebida por parte das familias, nos estamos aquí para educar a cada un dos nenos e debemos evitar estar condicionados pola nosa visión do neno e a información que temos do neno e da súa familia. Evidentemente se nos falan dun neno con problemas a nosa maneria de relacionarnos con él estará influida por ese coñecemento previo así que é algo que debemos evitar. Xa son dous os que me dan este consello así que tomareino coma meu, que xa sabedes que a experiencia...
En fin, remato xa este longo comentario desexándovos a todos un feliz final de prácticas, agora sí, xa parece que queda pouco...
Pilar Campos Trabazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario