O día de hoxe foi para min o máis interesante ata o momento: Pola mañán non só me limitei a observar, como viña facendo, senón que ademáis a tutora deume a oportunidade de dar explicacións, correxir, solucionar dúbidas, etc. Os alumnos (de 4º curso),pola súa parte, puxeronmo moi doado porque pese a ser un grupo bastante numeroso e falador, acolleume moi ben dende o primeiro día. Pola tade tivemos a festa do magosto e serviume para coñecer máis aos alumnos e profesores, xa que fixemos diversos xogos nos que eu tamén participei, e tamén a integrarme máis. Espero que o meu papel na dinámica da clase vaia aumnentando co paso dos días; seguireivos informando.
Cristina Piñeiro Martinez
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Publicar un comentario