De excursión por Santiago medieval! 17/11/09
Pois si, o segundo día de prácticas e…de excursión por Santiago, nun principio a excursión cancelárase a causa do mal tempo, pero sobre as 9.25 entra unha profesora da aula de 6º de primaria e nos di que como non chove o final si que temos excursión e
que en cinco minutos saímos!
Escoitanse gritos e aplausos,os nenos como tolos de contentos por suposto ,como dicían: vamos a perder clase,que ben!.Visten as chaquetas,vanse colocando na fila por parellas antes de sair da aula,mentras a profesora falalles da importancia de ir sempre da man da sua parella,non despistarse,esperar nos pasos de peatons…..(eu mentras penso na gran responsabilidade que implica sacar os rapaces do centro)saímos da escola cara a Porta do Camiño onde duas monitoras espérannos,somos tres cursos:dous de quinto e un de sexto, eu polo camiño non paraba de repetir:rapaces a súa parella porfavor,non a solten, rapaces,non perdan a cola….que decir que e un grupo moi boiño e educado,asi que toda a excursión transcurriu sen incidentes, con esas preguntas dos cativos que sempre te desconcertan e te fan rir, e con un experiencia moi enriquecedora tanto para min como para eles onde aprenderon que un pode divertirse e aprender o mesmo tempo.
Trátase dunha oportunidade con a que non contaba nas miñas prácticas, así que pareceume interesante compartila con vós aquí.
espero que todos esteades disfrutando das practicas, e xa vos contarei mas sobre as miñas o día que me toque.
Por certo alguen preguntou sobre a dinámica e o que se explica nas clases de idiomas,a min tamén me parece interesante saber un pouco sobre iso,asi que animádevos e contade,
Saúdos!
Ana Belén Caulonga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario