Mércores, un novo día, unha chea de aventuras por vivir e de cousas por aprender. Para min a maña comezou tranquila porque á primeira hora tocaba Ed. Física e eu estiven na aula con Margarita falando dos nenos/as e dun mural que fariamos ó longo da mañá, pero os pequenos/as non estaban tan tranquilos coma min. Poñíades onte que como eran as nove da maña estaban relaxados, pois non sei porque pero estes cativos de 2º chegan coas pilas ben cargadas xa de pola maña cediño e duran con elas así toda a xornada.
Hoxe tocou comprensión lectora en galego e facer un mural sobre o orixe do día de Nadal.
As cousas marchan ben, os nenos/as xa se mostran cariñosos conmigo, xa comezan a aparecer os primeiros agasallos e debuxos que para que enganarnos alégranlle a unha o dia.
un saúdo a todos e paciencia!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario