Ola!!!
Hoxe por fín poideron chegar todos os profesores a tempo! o luns neve, onte xeo... e hoxe auga, pero esto último é o de sempre.
Aínda que pensandoo ben, para min mellor porque me tocou de estar onte na clase de segundo de primaria eu sola ata a hora do recreo, ás doce, asique podia nevar algún día máis antes das navidades je.
Foi un día de estrés para os profesores, dado que viñan a facer unha inspección e tiñan que estar preparados porque en calqueira momento os podían chamar para facerlles preguntas, asique andaban todos nerviosos! Por outra parte decían que a peor inspección ou a máis dificil é unha que teñen en xaneiro, e que nela miran todo, ata o máis mínimo detalle.
Nas clases.. coma sempre. A última hora da mañá o mestre divideu a clase en dous grupos como adoita facer, e tocoulles de representar outra historia sobre o que estiveran lendo, e así saber se o entendían. Só lle leva uns dez minutos en total e trátase de representar o máis importante mentres un está de pé e contando o que vai pasando. É moi divertido.
Outra das tarefas que adoitan facer algúns profesores é o dictado, pero na miña clase non é motivo de enfado nin de disgusto. A moitos rapaces lles gusta facelo porque xeralmente son cortos e necesitan facer moita moita caligrafía e ortografía, xa que teñen moitisimas faltas, e algún deles escribe de forma.. pouco clara por decilo asi.
Finalmente, estou verificando o que xa vin os primeiros días. Ademais de que na aula hai o grupiño das rapazas por un lado, e todos os rapaces polo outro á hora de xogar, ou de pasar o tempo libre, entre todos en xeral non se levan moi ben, senón todo o contrario. Os mestres procuran que non se critiquen entre eles, que non acusen... pero é inútil porque apenas hai amizade entre eles, e normalmente cando falan algo na clase é porque un se está metendo co outro, ou decíndolle que lle vai roubar un lápiz, ou calquera cousa. Nunca se axudan entre eles, e esto é algo que me extraña e que non me gusta nada. Eu recordo cando iba ó colexio con esa idade, e podía levarme mal con alguén, pero nunca desa maneira nin con todos!
Non sei se esto pasa nas vosas aulas, pero penso que non, porque nas demais clases decátome de que non é asi.
Bueno, pois nada máis! xa subirei algunhas fotos no patio ou na pizarra dixital.. veña un saudiño e a disfrutar que son dous días!!
Lara Suárez Carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Na miña clase soen compartir as cousas e axudarse entre eles, aínda que como supoño que pasará en todas, hai algúns nenos/as (polo que estou vendo, só son dous na miña clase)que non axudan aos seus compañeiros nin se portan ben con eles. Pero tamén hai que dicir que son moi pequeniños, e con 6 anos normalmente fan caso aos mestres e se o mestre lles di que lle deixen un lápis ao compañeiro, eles fano (máis que nada porque teñen medo de que o mestre se enfade con eles).
Saúdos!
Amanda Louro Pérez
Publicar un comentario