jueves, 4 de diciembre de 2008

UN DÍA MOI INTENSO


Hola a tod@s unha vez máis, xa vai para tres semanas que levamos de prácticas e cada vez temo máis a hora de marcharme. Onte foi un día moi intenso e á vez emocionante para min (escribo hoxe porque onte non tiven tempo). Resulta que en clase de coñecemento do medio empezaron un caderno que se titula Saúde na escola e comecei eu a explicarllelo, trátase dun complemento desta materia e o primeiro que vimos foron as bebidas. Eu estínvenlles explicando qué bebidas son máis sanas e por qué e para rematar a clase a mestra e máis eu puxémonos de acordo para facer unha limoada, eu puxen os limóns e ela o azucre e o expremedor e o resto collémolo emprestado da cociña do dolexio. Os rapaces quedaron encantados coa experiencia aínda que o idóneo sería que a fixeran eles mesmos pero non puido ser porque son dezanove alumn@s e non había suficiente espazo nin tempo, pero polo menos gustoullles a limoada (bueno a case todos porque sempre hai algunha excepción) e pola tarde fíxenme eu cargo da clase as dúas horas porque a mestra faltou e díxome se quería dar eu as clases e así o fixen. Aínda que tamén estaba a profe de garda comigo eu era a que levaba a clase e á verdade resulta bastante agotador estarlles chamando a atención continuamente por falar, distraerse, non atendían, etc. pero creo que é un pequeno prezo por todo o que se disfruta con eles. Primeiro dinlles clase de lingua galega e despois tiñan plástica así que aproveitamos a hora para facer debuxos do Nadal (as actividades xa mas deixou a titora preparadas).
Tamén me decatei, ao igual que os meus compañeiros, que se aprecian bastantes diferencias á hora de actuar entre o que se nos conta na facultade e o que se atopa na realidade, aínda que esto tamén era de esperar, pero por outro lado tamén observo que hai cousas que se dan na realidade da mesma forma que se ve na facultade (fracaso escolar, frustración de mestras, favoritismos no alumnado, etc) por desgraza as cousas menos oportunas pero que se lle vai facer… TODAVÍA NON ESTAMOS NÓS PARA CAMBIAR AS COUSAS!!!!
Arriba déixovos unha foto do ven que levei a clase… mentres coloreaban (je, je)

NOTA: a entrada A MIÑA PRIMEIRA CLASE é miña , esquecinme de poñer o nome.

Rosa Iglesias González

No hay comentarios: