sábado, 6 de diciembre de 2008

Terceira semana!


Hola a todos de novo!!

Xa van tres semanas e cada vez acércase máis o remate desta experiencia, só por unha parte teño ganas de que chegue o dia 19 xa que é o festival e xa estamos preparando todo para pasarnolo xeinal!!Pero o peor é ter que despedirme dos alumnos, dos mestres, do colexio…cada dia que pasa sintome mellor no colexio, xa son como unha máis contan conmigo como se fose unha mestra máis e iso faime sentir xenial!!

Bueno, o día 3 tivemos títeres no colexio , chmábanse “chicha rabincha” e estiveron estupendos! Ós nenos gustaronlle moito e os mestres tamén, foi moi divertido e os nenos tamén participaron e cantaron, de feito estiveron toda a semana cantando esa canción!

Polo demáis todo segue estupendamente, xa estamos cos preparativos do festival de Nadal, os nenos de 2º B (os da miña clase) van a cantar un villancico en inglés, pero non será moi longo xa que lles resulta algo difícil aprendelo, pero están moi ilusionados!

Para a semana teremos a avaliación dos nenos cos demais mestres , así que xa vos contarei como foi!

Sen máis, que estou super contenta e non quero que esto rematee!!
A foto que vos deixo é un dos traballos que fixeron os nenos en plástica para o Nadal, este foi o primeiro en rematarse pero agora xa todos están rematados e quedaron moi bonitos!

Un saudo e pasadeo ben!!

Miriam Ruso

No hay comentarios: