Hola a todos! As prácticas x desgracia xa remataron e gustaríame haber escrito onte porque foi o festival pero por cuestións de tempo non puiden.
Onte os nenos tuveron festival tanto pola mañá como pola tarde. Pola mañá cada curso ou aula cantaba, bailaba, etc. para o resto dos nenos de primaria e infantil. Pola tarde era só dirixido para os pais.
Os nenos estaban bastante nerviosos e un deles chorou porque o seu pai non o podía ver por motivos de traballo e deume bastante pena.
Onte o profesor díxolles que cada un trouxera para hoxe xogos de mesa como o parchís para xogar en grupos pero houbo algún neno que trouxo algún xogo que só valía para xogar unha persoa o que demostra a súa timidez á hora de relacionarse cos demais. Hoxe á última hora da tarde é o momento que ós nenos se lles dá as notas e coma sempre haberá grandres alegrías para uns e choros para outros, aínda que en xeral aproban case todos con boas notas.
Espero que todos teñades un bo final de prácticas e felices festas!!
Maira Calderón Prada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario