lunes, 21 de diciembre de 2009

21/12/09

>

Maña será o meu último día no Pío XII. Hoxe xa se respiraba no centro aires de festa e vacacións. Como o centro non dispón de unha sala para facer o festival teñen que adaptar a aula de psicomotricidade a este evento, aínda así as súas reducidas dimensións obrigan a dividir a festa en dous días. Hoxe para os máis pequenos e maña de terceiro de primaria en adiante.

Pode parecer que organizar un festival non é complicado, se cada clase ten ben preparado o seu espectáculo o traballo está feito. Pero isto é unha idea equivocada da que hoxe me decatei.

Un grupo de alumnos o día do festival ten que enfrontarse a dúas tarefas, a primeira representar aquilo para o que tanto levan ensaiado e a segunda saber comportarse mentres actúan o resto dos grupos. Quizais para uns nenos de dez anos sexa doado estar tres horas en silencio pero para os de infantil é moi complicado ou mesmo imposible. E o seu comportamento repercute no traballo do resto do alumnado.

Porén eu hoxe quedei con un bo recordo do que foi o primeiro festival de Nadal dende o outro lado. Toda a vida estiven aí, igual que hoxe estaban eles, nerviosos porque todo saíra perfecto, que os papas viñeran verme…

Remato con isto o meu comentario e o meu tempo de prácticas que sen dúbida algunha foi moi positivo.

Quizais todo fose grazas á mestra que me tocou pero o certo é que este mes me serviu para facer medrar as ganas de traballar para chegar a ser aquilo que sempre soñei. MESTRA.

Boas festas a todos/as e un saúdo.

No hay comentarios: