21-12-2009
Antes de facer a miña entrada queria pedir disculpas aos lectores por retrasarme, e espero q sexa posible realizala, o venres era o dia que tiña que facelo, pero foi imposible de realizar, moitas grazas.
Para comezar quixera dicir que alégrome de ser a última en comentar xa que podo falar dende o principio da miña experiencia ata ó final. Nun primeiro momento sentinme asustada porque nunca tivera unha experiencia similar e non sabía moi ben por ónde tirar, pero ponto funme acostunbrando á rutina do colexio, fun coñecendo ós nenos da miña clase, á miña titora... ata agora que teño que dicir que para min foi unha boísima experiencia, xa que aprendín moitísimas cousas e gustoume moito, a verdade é que síntome moi satisfeita.
O meu colexio era a Inmaculada, un colexio católico situado no casco histórico de Santiago de Compostela. Había tres cursos de infantil (un para 3 anos, outro para 4 e o último para 5 anos), nas clases de primaria había unha clase por curso, a miña era primero de primaria.
Tódolos días a profesora e os nenos recitaban unhas oracións e facían unha reflexión de caracter católico, moitas mañáns tamén se facían reflexións sobre a educación á cidadanía, por exemplo un día falábamos de por qué se debe reciclar, outro do valor de da-las grazas o de pedir perdón, de demostrar o noso afecto ás persoas que son importantes para nós etc.
A maioría das actividades que se fan son de carácter práctico, o que dende o meu punto de vista considerei moi positivo, porque os nenos van aprendendo con xogos e deste xeito non lles resultan tan pesadas as clases, por exemplo nas clases de inglés facemos obras de teatro onde todos van participando e así falando inglés. Houbo unha actividade que me pareceu especialmente interesante, trátabase dun libro en branco, neste libro escribía un neno cada semana e facía un debuxo, á semana seguinte cedíaselle o libro a outro neno para que continuara coa mesma historia etc, con esta actividade os nenos fomentaban a lectura, a escritura e a imaxinación, e a súa vez divertíanse moito facéndoa.
Para rematar o breve relato desta experiencia hoxe asistín ó colexio igual, porque era o festival e axudeille á iña titora a preparar ós nenos, facer o ensallo dunha obra que fixeron e despedirme dos nenos. Sinceramente dame moita lástima deixar esto e vou extrañar moito ós nenos porque collinlles cariño moi rápido. Finalmente repetir que estou para min foi un paso moi positivo e desexarvos bó Nadal a todos.
Olaia Gude Urdangarín
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario