jueves, 17 de diciembre de 2009

Hola a todos, futuros profesores.
Hoxe tocame a min falar das miñas practicas:
O día comezou, sendo o colexio no que estou un colexio relixioso (Colexio Pais Somascos, Caldas de Reis), cunha oración e cunha plegaria por que os alumnos traballasen moito - digo eu que xa postos se podia rezar porque fixese máis calor Que frío! -. O curso no que fun asignado é 5º de primaria aínda que en ocasións teño estado en otros cursos, incluso en 1º da ESO;e a miña titora chamase Elisa
Hoxe non semellaba un día de moito traballo pois festival de nadal que se estaba a preparar hai unhas semanas atrás celebrase hoxe para ser representado para primaria, infantil e ESO. Cada curso encargouse de preparar unha pequena actuación, que polo xeral soen ser bailes e obras teatrais; pero todas as actuacións se conectan cunha temática común que este ano foi o nadal en diferentes zonas do mundo. Ós rapaces da miña clase tocoulles realizar as tarefas de presentar, co que en pequenos grupos de 3 nenos presentaban cada actuación.
Pola tarde tiven que quedarme cos nenos na clase porque Elisa tiña que organizar o festival para a ESO (fixose unha representación para Primaria e Infantil, e outra para a ESO). Aproveitaron para facer traballos de plástica, cos cales disfrutan moito. Ó longo das miñas prácticas sempre me esforcei por ser máis un amigo dos nenos que o seu profesor, aínda que dentro dun certo límite: canta máis confianza teñen os nenos contigo máis complicado resulta "displinalos".
Referente ó tema dos libros de texto, na miña opinión si condicionan en grande medida a estructura da clase e o seu desenrrolo, nunha situación na que non estás seguro na materia que estas dando é ó libro ó que acodes para, digamos, "salvarte"; na miña opinión deberiase preparar as unidades didácticas con total independencia do libro, e empregar este só para que os nenos estudien del e para os exercicios que teña.
Tamén quero contestar a Inma na súa pregunta sobre os favoritismos, quizais no meu caso me engane a min mesmo pero creo que non os teño, e quizais eu pense así porque dende o primeiro momento me esforcei por ver o mellor que cada neno ten, non por ser algo lacazán na clase ou non falar moito, por exemplo, temos que etiquetalos. Falo sempre dende a miña opinión.
Por último quería expoñer eu unha curiosidade que me intrigou dende os comezos das prácticas: todo o que concerne á inspección educativa, xa que coincideu que cando comecei as prácticas estabase a levar a cabo no meu colexio, o que me sorprendeu foi que en lugar de estas ser unha axuda para os profesores para mellorar a súa metodoloxía,... era un completo engorro para os profesores teren que lidiar coa administración. Vos que pensades disto? Que experiencias tedes con isto?
Que teñades unhas boas prácticas, un bo nadal e coidado ó comer as uvas, as pepitas son moi traizoeiras.

No hay comentarios: